TALLER SOBRE AS AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0 DO IGAPE
A Xunta de Galicia, a través do Igape, en colaboración coa asociación de empresas de tecnoloxía de Galicia INEO e a Asociación Galega de Empresas de Inxenería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO) organizan un obradoiro co obxectivo de dar a coñecer as principais características das axudas á dixitazación Industria 4.0 que o Igape pon á disposición das pemes galegas.
No encontro, que terá lugar o próximo martes 2 de xullo en Vigo, na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (García Barbón, 104) a partir das 12 h, explicarase a dobre oportunidade que ofrece esta liña de apoios: por un lado, ao tecido empresarial galego en xeral para obter financiamento para mellorar a súa capacitación tecnolóxica; e por outro, ao sector tecnolóxico galego para impulsar o seu papel como provedor de ferramentas e solucións para a dixitalización dos demais ámbitos produtivos.
Programa e inscricións
Información sobre o programa Axudas á dixitalización Industria 4.0
|
|
|
|