XORNADA TÉCNICA CAPACITA: INDUSTRIA 4.0, A COOPERACIÓN ENTRE PERSOAS E MÁQUINAS
No marco do proxecto Capacita Directivos, o Igape, o Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organizan a xornada técnica Industria 4.0, a cooperación entre persoas e máquinas, que se desenvolverá o vindeiro 30 de maio a partir das 9 h en Vigo, na sede do Círculo de Empresarios de Galicia (avenida de García Barbón, 62).
O encontro está dirixido a empresarios e directivos das pemes galegas, representantes de asociacións empresariais sectoriais e clústeres, así como das universidades, laboratorios tecnolóxicos e centros de investigación e desenvolvemento.
Os asistentes terán a oportunidade de coñecer as iniciativas públicas autonómicas de implantación da Industria 4.0 e os retos que afronta a robótica colaborativa e a nova produción industrial. Ademais, terá lugar unha mesa redonda onde representantes de empresas, agrupacións empresariais e universidades debaterán sobre a situación da automatización industrial en Galicia e o papel das persoas neste proceso.
Máis información e inscricións (aforo limitado)
|
|
|
|