ÚLTIMOS DÍAS! PROGRAMA REACCIONA TIC: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O PRÓXIMO 30 DE ABRIL
O próximo martes 30 de abril, remata o prazo para a presentación de solicitudes ao abeiro da terceira convocatoria do programa ReAcciona TIC, impulsado polo Igape co obxectivo de achegar ás empresas servizos especializados para facer fronte aos retos e aproveitar as oportunidades relacionadas coa mellora da competitividade a través da Industria 4.0.
O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 10 de xaneiro as bases reguladoras das axudas para desenvolver servizos xenéricos de diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, para a posta en marcha de solucións propias da 4.0 e para a xeración de modelos de simulación industrial nas pemes galegas.
Solicitudes
Máis información
|
|
|
|