XORNADA TÉCNICA DÍA MUNDIAL DA EFICIENCIA ENERXÉTICA
Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Eficiencia Enerxética, o próximo luns 4 de marzo a partir das 10.30 horas desenvolverase na sala de conferencias da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43) unha xornada técnica sobre a transición enerxética cara a un modelo máis sustentable, na que se debaterán, entre outros temas, a transformación da industria básica na transición enerxética.
Os participantes terán a oportunidade de asisitir, ademais, a relatorios sobre o uso exclusivo das enerxías renovables e os ritmos da descarbonización, os retos da transición enérxetica no sector oil & gas e a eficiencia enerxética no desenvolvemento urbano sustentable.
Programa
Inscricións: inega.cursos@xunta.gal
Máis información: 981 541 509
|
|
|
|