ES-CONECTA: ABERTA A CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN NA ACELERADORA DE ECONOMÍA SOCIAL
No marco do proxecto Poctep-Laces, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emprego, vén de lanzar a convocatoria para a aceleradora de proxectos de economía social ES-CONECTA.
Trátase dun programa intensivo de catro meses de duración e que terá lugar en Vigo. A aceleradora permitirá aos promotores de proxectos de economía social de Galicia ou Norte de Portugal, ou ben a empresas xa constituídas que queiran ampliar as súas liñas de negocio, obter formación, asesoramento e titorización especializada.
A convocatoria estará aberta ata o 23 de xaneiro. Seleccionaranse 18 proxectos participantes.
Máis información
|
|
|
|