SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 DE DECEMBRO: GALICIA GLOBAL. O BREXIT E TRUMP, A DEBATE
A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acollerá o 20 de decembro a segunda edición de Galicia Global, punto de encontro dos directivos galegos no exterior e dos que traballan en Galicia. Organizado pola Asociación Española de Directivos (AED) coa colaboración da Xunta de Galicia, a través do Igape, o encontro ten como obxectivo fortalecer a internacionalización da economía galega e o desenvolvemento internacional dos seus líderes actuais e futuros.
Ao longo da xornada debaterase o efecto das políticas proteccionistas de Donald Trump e do Reino Unido na internacionalización das empresas en xeral, e das galegas en particular, e os participantes poderán, ademais, coñecer opinións e visións de directivos galegos sobre este tema. O evento servirá tamén como espazo de networking entre os participantes.
-
Data e hora: Xoves 20 de decembro de 2018, de 12:00 a 14:30 horas.
-
Lugar: Cidade da Cultura de Galicia (Sala 2 Edificio Cinc). Monte Gaiás, s/n.
-
Contacto e reserva de praza: Olga Macià olga.macia@asociaciondedirectivos.org
Máis información
|
|
|
|