PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DA XUNTA 'O EMPREGO DO FUTURO'
O próximo 2 de outubre a Xunta de Galicia presenta en Santiago de Compostela o programa O emprego do futuro, que pon en marcha co obxectivo de indentificar as necesidades dos distintos sectores económicos no eido da capacitación e adaptación laboral.
A xornada desenvolverase a partir das 9.45 horas, no Salón de Convencións do Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura.
A iniciativa, que permitirá á Consellería de Economía, Emprego e Industria elaborar un catálogo de accións formativas, partirá da análise dos novos perfís profesionais que demanda a Industria 4.0.
Programa e inscricións
|
|
|
|