AMPLIADO O CATÁLOGO DE PROXECTOS SUBVENCIONABLES DAS AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0
A Xunta modifica as bases reguladoras das Axudas á dixitalización Industria 4.0 para ampliar o tipo de proxectos que poden acollerse a este programa, que a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon á disposición das Pemes galegas a través do Igape.
Deste xeito, as empresas interesadas en implementar sistemas de dixitalizalización de procesos (ERP, CRM e similares), interconexión de elementos físicos e virtuais e tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, bigdata e similares) terán de prazo ata o próximo día 21 de setembro para solicitar estas axudas, cofinanciadas polo Fondo Euopeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
O próximo xoves 20 o Diario Oficial de Galicia (DOG) recollerá a modificación das bases.
|
|
|
|