MARCA ESPAÑA: UN ESFORZO CONXUNTO CARA A UNHA INDUSTRIA INNOVADORA E GLOBAL
O próximo día 23 de marzo desenvolverase na Cidade da Cultura, en Santiago, o encontro empresarial MARCA ESPAÑA: UN ESFORZO CONXUNTO CARA A UNHA INDUSTRIA INNOVADORA E GLOBAL, que ten como obxectivo debater e poñer en valor a imaxe-país no exterior para mellorar a competitividade e a internacionalización das empresas.
O encontro, que comezará ás 10:30 horas, incluirá catro mesas de traballo simultáneas que abordarán aspectos relevantes para a actividade industrial como o talento, a fábrica do futuro, os sectores estratéxicos e a loxística e as infraestruturas.
Nestas mesas participarán destacados representantes de importantes empresas dos principais sectores produtivos galegos, xunto con representantes de institucións e organismos de Galicia e de España, para compartir cos asistentes as súas experiencias e visións de futuro.
Programa e Inscricións
|
|
|
|