ÚLTIMOS DÍAS!! PROGRAMA REACCIONA TIC: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O PRÓXIMO 19 DE ABRIL
O próximo mércores, 19 de abril, remata o prazo para a presentación de solicitudes ao abeiro da vixente convocatoria do programa Re-acciona TIC, impulsado polo Igape co obxecto de achegar ás empresas servizos especializados para facer fronte aos retos e aproveitar as oportunidades relacionados coa mellora da competitividade a través da industria 4.0.
O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 29 de xaneiro as bases reguladoras das axudas para desenvolver, co apoio do Igape, servizos xenéricos de diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0 o para a posta en marcha de solucións propias da 4.0 ou xeración de modelos de simulación industrial nas Pemes galegas.
As Pemes galegas tamén teñen aberto, ata o próximo 25 de maio, o prazo para a presentación de solicitudes ao abeiro do programa ReAcciona.
Solicitudes
Máis información
|
|
|
|