XORNADA REACCIONA HOSTALERÍA E CONTORNA DIXITAL: NOVOS RETOS, NOVAS OPORTUNIDADES
O próximo martes 20 de febreiro, a partir das 10 horas, desenvolverase nas instalacións da Asociación Hostelería Compostela (Rúa das Salvadas, 29, Santiago de Compostela), unha xornada sectorial do programa ReAcciona centrada na Hostalería e contorna dixital.
As novas tecnoloxías están a transformar os sectores máis tradicionais, coñecer e dominar as ferramentas que ofrece a dixitalización é vital, non só para atraer novos clientes, senón para fidelizar os xa existentes.
A xornada, organizada polo Igape en colaboración coa Asociación Hostelería Compostela, vai dirixida a persoal directivo e a responsables de departamentos de empresas de calquera sector.
Programa
inscricións: comunicacion.reacciona@igape.es
Teléfono 986 419 922 (ext. 2004)
A actual convocatoria do programa ReAcciona está aberta a novas solicitudes ata o próximo 23 de marzo. |
|
|
|