CONVOCATORIA PARA A IDENTIFICACIÓN DE CASOS DE ÉXITO DO DESEÑO INDUSTRIAL EN GALICIA
No marco do proxecto europeo Design4innovation, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través dos Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia), promove unha iniciativa destinada a identificar casos de éxito do deseño industrial en Galicia, coa fin de visibilizar e promocionar o potencial galego neste ámbito.
Poderán participar nesta convocatoria, que conta coa colaboración do Igape, tanto empresas como entidades ou persoas físicas maiores de 18 anos, que presenten un deseño propio realizado para unha empresa galega.
O obxectivo é poñer en valor o deseño como factor de innovación e admitiranse proxectos de diferentes tipoloxías como o deseño industrial, gráfico, web e aplicacións, de moda ou xoiería, entre outros.
Data límite de inscrición ou nominación de proxectos: 8 de febreiro.
Información e inscrición
|
|
|
|