Curso: Programando compoñentes de Internet das cousas para a eficiencia enerxética, no marco do proxecto ENTIC
O IGAPE, en colaboración co Clúster TIC de Galicia, organiza un curso, eminentemente práctico, para a especialización no deseño e programación de dispositivos de monitorización e control no ámbito da eficiencia enerxética.
O curso será fundamentalmente práctico, entregando a cada un dos alumnos que asistan regularmente ao mesmo un Kit de Arduino para que poidan aplicar os coñecementos obtidos nos seus propios proxectos.
O curso é de balde para os alumnos que resulten selecionados tras realizar unha proba básica de coñecementos. Desenvolverase en horario de 9:00 a 14:00 horas os seguintes sábados: 28 de febreiro, 7 e 14 de marzo, 11,18 e 25 de abril, 9 e 23 de maio
Máis información e inscricións
O Proxecto ENTIC, www.entic.eu ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento e a incorporación ás PEMES de medidas de eficiencia enerxética apoiadas en solucións TIC como factor de competitividade. ENTIC enmárcase na iniciativa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, no proxecto, liderado polo IGAPE participan ademáis 8 socios de Galicia e Portugal.
Para calquera aclaración pode contactarnos a través do email: info@entic.eu
A xestión sostible e intelixente da enerxía impulsa a competitividad.
|