ENCONTRO EMPRESARIAL. CAMIÑO CARA UNHA INDUSTRIA INTELIXENTE EN GALICIA
Informar ás empresas sobre as claves e as oportunidades que a industria 4.0 pode achegar ao tecido empresarial galego, a dixitalización e as fábricas intelixentes, é o obxectivo da xornada específica que se desenvolverá o próximo mércores, 25 de outubro, a partir das 9 horas, na sede do Club Financeiro Atlántico (Avenida Salvador de Madariaga, 76, A Coruña).
Este encontro empresarial, organizado conxuntamente pola Xunta de Galicia, APD e o Círculo Financeiro de Galicia, incluirá unha mesa redonda de carácter multisectorial sobre o Camiño cara a unha industria intelixente en Galicia: creando un ecosistema conectado, contando con exemplos de empresas galegas. Haberá igualmente relatorios sobre a Banca 4.0, Smart Cities ou retos e oportunidades da economía dixital.
Máis información e inscricións
|
|
|
|