"O MUNDO QUE VÉN", CUARTA EDICIÓN. O 20 DE OUTUBRO DE 2017 EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organiza, conxuntamente coa Xunta de Galicia e a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a cuarta edición do evento “O mundo que vén”, que se celebrará o próximo 20 de octubre en Santiago de Compostela, contando coa colaboración do Círculo Financiero de Galicia.
Como actividade central do programa Capacita Directivos impulsado pola Xunta de Galicia conxuntamente con APD, o obxetivo das xornadas “O mundo que vén” é procurar que os directivos das empresas galegas levanten a mirada das ocupacións cotiáns para descubrir as novas tendencias en xestión empresarial e poidan anticipar o xeito en que os cambios por vir afectarán as súas empresas.
Entre os ponentes da IV Edición de “O mundo que vén” estarán Alejandro Alvargonzález, da OTAN; Ignacio García, do Instituto Español de Estudios Estratéxicos; Guillermo Dorronsoro, de Deusto Business School; Jaime Rodríguez, de Blablacar; Luis Martín, do Grupo Barrabés; e Ismael Faro, da IBM.
Aforo limitado. Inscricións a través de www.apd.es
Programa
Código invitación Igape: I17TYWUL
|
|
|
|