ESPAZO COWORKING EN OURENSE PARA IMPULSAR PROXECTOS DO SECTOR FORESTAL-MADEIRA. ÚLTIMOS DÍAS PARA INCRIBIRSE!!
Os emprendedores cun novo proxecto no sector forestal ou madeira e os empresarios que desexen impulsar, reforzar ou reorientar novas liñas de actividade neste ámbito aínda están a tempo para formalizar a súa inscrición no NOVO espazo coworking que se activará en datas próximas na sede do CIS Madeira (Tecnópole), en San Cibrao de Viñas, Ourense.
Os espazos coworking, habilitados pola Xunta de Galicia, a través do Igape, en colaboración coa EOI, facilitan o acceso dos emprendedores e empresarios participantes a formación e mentorización con carácter gratuíto para completar o desenvolvemento ou para facilitar a reorientación dos seus proxectos empresariais.
Durante a súa estancia, os emprendedores seleccionados poderán asistir a talleres nos cales validar o seu modelo de negocio; a sesións de formación grupal nas que se traballarán materias específicas para o impulso e despegue dos seus proxectos; a sesións de mentorización por parte de expertos, centradas en acompañar aos participantes no deseño do seu modelo de negocio e na súa posta en marcha; e a distintos eventos relacionados coa creación e consolidación empresarial.
Mais información e inscricións
|
|
|
|