XORNADA REACCIONA TIC: ACHEGA A TÚA EMPRESA AOS BENEFICIOS DA INDUSTRIA 4.0
O próximo 24 de maio, a partir das 10 horas, desenvolveranse na sede do Igape (San Lázaro s/n, Santiago de Compostela), unha xornada do programa Re-acciona TIC centrada en facilitar o achegamento dos beneficios da Industria 4.0 ás Pemes galegas.
Organizada conxuntamente polo Igape e a Amtega, a xornada desenvolverase contando coa colaboración de CTIC Centro Tecnolóxico. Haberá, entre outros, relatorios específicos sobre os servizos de posta en marcha de solucións Industria 4.0. O encontro incluirá igualmente demostracións sobre as tecnoloxías 4.0 que promove o programa Re-acciona TIC.
A xornada vai dirixida a persoal directivo e a responsables de departamentos de empresas do sector industrial, produción e fabricación, así como ás empresas que dan servizo a este sector.
A convocatoria do Re-acciona TIC está aberta á presentación de solicitudes ata o próximo 31 de maio.
Programa
inscricións: comunicacion.reacciona@igape.es Teléfono 986 419 922 (ext. 2030)
|
|
|
|