ABERTO ATA O PRÓXIMO 28 DE ABRIL O PRAZO PARA INSCRICIÓNS NA II EDICIÓN DOS ESPAZOS COWORKING IMPULSADOS POLO IGAPE E A EOI
Os emprendedores interesados en participar na segunda edición dos espazos coworking impulsados pola Xunta de Galicia, a través do Igape, e a Fundación Escola de Organización Industrial (EOI), co apoio do Fondo Social Europeo, nas localidades de Ferrol, Cabana de Bergantiños, Mondoñedo, Monforte, Celanova, Xinzo de Limia e Santiago de Compostela pódense inscribir ata o próximo 28 de abril.
Os espazos coworking facilitan o acceso dos emprendedores participantes a formación e mentorización con carácter gratuíto para completar o desenvolvemento dos seus proxectos empresariais e para facilitar a súa posta en marcha.
Durante a súa estancia, os emprendedores seleccionados poderán asistir a talleres nos cales validar o seu modelo de negocio; a sesións de formación grupal nas que se traballarán materias específicas para o impulso e despegue dos seus proxectos; a sesións de mentorización por parte de expertos, centradas en acompañar aos participantes no deseño do seu modelo de negocio e na súa posta en marcha; e a distintos eventos relacionados coa creación e consolidación empresarial.
Mais información e inscricións
|
|
|
|