XORNADA TÉCNICA SOBRE A INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS CARA Ó MERCADO DE CHINA
Achegarlles ás empresas galegas as oportunidades de negocio e internacionalización que ofrece o mercado de China, especialmente a través da Zona de Libre Comercio da Rexión de Hengqin, é o obxectivo da xornada técnica específica que se desenvolverá o próximo día 17 de abril, organizada polo Club Financeiro de Santiago.
Nesta xornada técnica, o director xeral da Oficina Económica e Comercial para os mercados de fala hispana da Zona de Libre Comercio de Hengqin, Víctor Ladreda, ofrecerá un relatorio específico sobre as oportunidades de negocio na provincia china de Cantón, cunha poboación de 106 millóns de habitantes. Hengqin mantén, ademais, unha estreita relación con Macao, polo que tambén pode abrir portas aos mercados lusófonos.
Nesta xornada técnica participará o Igape para ofrecer un relatorio sobre os servizos e as axudas activadas este ano pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para facilitar a internacionalización das Pemes, liñas entre as que están o programa Galicia Exporta Empresas e a liña de axudas para apoiar a contratación de xestores de exportacións.
Para asistir a este encontro técnico é necesario inscribirse previamente a través do correo eléctronónico info@clubfinancierodesantiago.com .
|
|
|
|