XORNADA TÉCNICA: OPORTUNIDADES DE DESENVOLVEMENTO DA INDUSTRIA 4.0 EN GALICIA
Identificar capacidades e oportunidades, tanto a nivel macrosectorial como oportunidades micro para as empresas galegas, coa finalidade de seguir mantendo a iniciativa e a aceleración do desafío 4.0. Este é o obxectivo fundamental do estudo sobre oportunidades sectoriais 4.0, impulsado conxuntamente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA).
Avanzar na realización dese estudo e cara a ese reto, estratéxico para o tecido empresarial galego, é o obxectivo da xornada técnica "Oportunidades de desenvolvemento da Industria 4.0 en Galicia", que se celebrará o próximo venres, 17 de marzo, a partir das 10 horas, na Cidade da Cultura.
A xornada incluirá relatorios sobre a industria 4.0 en Galicia, entre os que estará a visión das empresas tractoras en sectores como a automoción, o naval ou o de alimentación; en concreto, participarán directivos de Grupo PSA Vigo, Wärtsilä Ibérica e Grupo Calvo. Haberá igualmente relatorios sobre as iniciativas 4.0 que está a desenvolver a Xunta de Galicia a través do Igape e de Gain.
Programa
Inscricións: eventos@atiga.es
Teléfono: 986 44 15 70
Máis información: http.//www.atiga.es/industria-4.0
|
|
|
|