SERVIZOS ENTIC: DIRECTORIO DE EMPRESAS QUE OFRECEN SERVIZOS/PRODUTOS DE EFICIENCIA E DIVERSIFICACIÓN ENERXÉTICA
O Proxecto ENTIC, www.entic.eu ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento e a incorporación ás PEMES de medidas de eficiencia enerxética apoiadas en solucións TIC como factor de competitividade. ENTIC enmárcase na iniciativa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, no proxecto, liderado polo IGAPE participan ademais 8 socios de Galicia e Portugal.
Dende o IGAPE, coa nosa participación no proxecto ENTIC, imos elaborar un DIRECTORIO de empresas do sector de servizos/produtos de eficiencia e diversificación enerxética, que se publicará na páxina web do proxecto, www.entic.eu, Este Directorio tamén vai servir para coñecer o tecido empresarial do sector na Eurorrexión, para facilitar información as empresas que demandan mellorar a súa xestión enerxética e en definitiva poñer en contacto a oferta e demanda existente. Polo que pensamos que pode ser una boa medida para dar a coñecer a súa empresa e actividade.
Para estar incluído neste DIRECTORIO, debe acceder e cumprimentar na enquisa dispoñible en www.entic.eu, as preguntas que se refiren a empresas OFERTANTES DE SERVIZOS/PRODUTOS.
Igualmente as empresas que demanden servizos ou produtos deste sector tamén nos poden mandar as súas demandas, accedendo a enquisa e cumprimentando as preguntas que se refiren a empresas que DEMANDA SERVIZOS/PRODUTOS.
Para calquera aclaración pode contactarnos a través do email: info@entic.eu
A xestión sostible e intelixente da enerxía impulsa a competitividad.
|