SEMINARIO EMPRESARIAL COA PLATAFORMA DA REDE PEXGA NO REINO UNIDO. XOVES, 27 DE OUTUBRO.
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizan conxuntamente o encontro coa Plataforma Pexga en Reino Unido, que terá lugar en Santiago de Compostela os días 25, 26 e 27 de outubro.
Reino Unido é un importante socio comercial para Galicia. A economía do Reino Unido, altamente competitiva e globalizada, é a quinta do mundo e a segunda no ámbito da Unión Europea, e fai fronte neste momento ao reto do Brexit. As oportunidades, alternativas e novas estratexias que facilitan o acceso das empresas galegas a este atractivo mercado serán tamén obxecto de análise nesta xornada.
Ricard Palau Capella, analista de mercado desta plataforma empresarial, estará a disposición das empresas para as seguintes actividades:
-
Xoves 27 de outubro (cambiou con respecto á previsión inicial), Seminario Como Facer Negocios no Reino Unido, que se desenvolverá a partir das 10.00 h., na sede do Instituto Galego de Promoción Económica (San Lázaro s/n).
- Entrevistas bilaterais. As empresas poderán solicitar unha entrevista bilateral co representante da plataforma, que lles permitirá expoñer as cuestións relativas aos seus proxectos no Reino Unido de forma individual e coñecer de primeira man de qué forma os servizos que ofrece a oficina lle poden ser de utilidade. O horario previsto para a realización das entrevistas bilaterais será de 09.00 a 18.30 h. o martes, 25, e o mércores, día 26; é de 16.00 a 18.30 h. o xoves, 27 de outubro. En todos os casos, as entrevistas serán na sede do Igape (San Lázaro, s/n). A participación en calquera destas actividades é gratuíta pero require inscrición previa, dado que as prazas son limitadas; as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada.
Formulario de Inscrición
|
|
|
|