O IGAPE E A EOI IMPULSAN A POSTA EN MARCHA DUN ESPAZO COWORKING NA CIDADE DA CULTURA EN SANTIAGO
A Xunta de Galicia, a través do Igape, e a Fundación Escola de Organización Industrial (EOI), co apoio do Fondo Social Europeo, impulsan a posta en marcha dun novo espazo coworking, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, no cal se impartirá formación e mentorización con carácter gratuíto.
A convocatoria está aberta a emprendedores no campo das industrias culturais e tecnolóxicas prioritariamente, cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking). Poderán apoiarse nesta convocatoria ata un máximo de 22 proxectos de emprendedores.
Durante a súa estancia, os emprendedores seleccionados poderán asistir a talleres nos cales validar o seu modelo de negocio; a sesións de formación grupal nas que se traballarán materias específicas para o impulso e despegue dos seus proxectos; a sesións de mentorización por parte de expertos, centradas en acompañar aos participantes no deseño do seu modelo de negocio e na súa posta en marcha; e a distintos eventos relacionados coa creación e consolidación empresarial.
O prazo para incribirse estará aberto ata o próximo 10 de outubro.
Mais información e inscricións
|
|
|
|