XORNADA TÉCNICA DE PRESENTACIÓN DO ESTUDO SKILLS 4.0
No proceso de desenvolvemento da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a impulsar accións de análise, de formación, de asesoramento, así como servizos de valor e axudas.
Co obxecto de localizar e delimitar que habilidades e destrezas son as demandadas nos diferentes sectores de actividade empresarial, as skills 4.0 que cómpre impulsar especialmente, o Igape consultou aos principais clústeres galegos.
Os resultados deste labor de análise, que orientará o labor da Xunta de Galicia durante os próximos meses, serán presentados na xornada técnica Skills 4.0 que se desenvolverá o próximo venres, día 23, na sede do Mupega, en Santiago (Rúa San Lázaro 107).
O encontro incluirá, ademais, un relatorio sobre retos e oportunidades da industria 4.0 en Galicia e en España a cargo de PwC, que colaborou co IGAPE na elaboración do estudio. Haberá igualmente un relatorio sobre as propostas da Área de Emprego da Xunta en materia de formación neste ámbito da industria 4.0.
Descargar Programa Inscrición: mat@igape.es
|
|
|
|