XORNADA TÉCNICA SOBRE AS NOVAS CONVOCATORIAS DO PROGRAMA REACCIONA
As empresas interesadas en acollerse á oferta de diagnósticos integrais e servizos avanzados que ofrece a Xunta para facilitar a mellora da competitividade, no marco do programa Reacciona, teñen a oportunidade de coñecer os detalles e novidades das novas convocatorias na xornada técnica específica que se desenvolverá o próximo día 19 de setembro, a partir das 10 horas, na Cidade da Cultura, en Santiago.
A xornada técnica incluirá relatorios para debullar as principais novidades da nova convocatoria do programa Reacciona do Igape e as características da primeira convocatoria do Reacciona TIC, organizado conxuntamente coa Amtega. A xornada incluirá igualmente relatorios de expertos no eido da competitividade empresarial, así como de directivos de empresas que se acolleron ao programa Reacciona en convocatorias anteriores
O programa ReAcciona do Igape ten como obxectivo prioritario incrementar as competencias dos xestores das empresas, para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente. Esta iniciativa pon a disposición das pemes un conxunto amplo de servizos para facilitar a implantación de proxectos de mellora en ámbitos como a optimización do financiamento, o relanzamento comercial, a estratexia, os procesos de produción ou a dixitalización, na procura dun impacto positivo global nas compañías.
Programa e inscrición
Solicitudes
Máis información: 900 81 51 51 |
|
|
|