PROGRAMAS DE FORMACIÓN EN INGLÉS EMPRESARIAL
A Consellería de Economía e Industria iniciou en 2015 a través do Igape, programas de inmersión en inglés destinados a facilitar a internacionalización empresarial. Para dar continuidade a esta formación, vanse desenvolver novos programas de formación en inglés empresarial.
Destinatarios da formación: directivos e mandos intermedios; técnicos de empresas (incluídos autónomos) ou de organismos empresariais (asociacións, clusters, consellos reguladores, centros tecnolóxicos) con centro de traballo en Galicia. Profesionais con responsabilidades e/ou tarefas relacionadas coa internacionalización empresarial e traballando nun centro de traballo de Galicia. (Reservarase un mínimo do 10% de prazas dos cursos de inmersión, a profesionais dados de alta como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, dando prioridade aos que se inscribiron para os cursos de inmersión de 2015 que non poideron acceder por falta de prazas).
Tipos de formación:
- CURSO DE INMERSIÓN: formación presencial en grupos reducidos dun máximo de 10 persoas, duración dunha semana, celebrandose de luns a vernes, e incluíndo manutención e aloxamento.
- Lugar: Centro de Inmersión Lingüística Os Peares. Poblado de Fenosa. Carballedo. Lugo.
- Datas: setembro: do 25 ao 30 outubro: do 23 ao 28
- Prezo por alumno: 840€ . Apoio IGAPE: 420€. Coste final alumno: 420€
- SEGUIMENTO: durante 3 meses con comunicación co alumno a través de:
E-mails. Chamadas telefónicas. Visita á empresa (percorrido e, explicación da empresa e a súa actividade ao profesor)
- Lugar. Desde o propio lugar de traballo do alumno
- Datas: setembro a decembro 2016
- Prezo por alumno: Servizo gratuito
Terán prioridade os participantes en cursos de inmersión 2015.
SOLICITUDES:
- Empresas (incluídos autónomos) e Organismos intermedios galegos: oficina virtual IGAPE (IG232)
Máis información
Prazas limitadas. A segunda fase de selección faráse cos inscritos ata o 9 de setembro de 2016 |
|
|
|