PRESENTACIÓN DA GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES. PONTEVEDRA 29 DE XULLO
A Sala de Conferencias da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra acollerá, o próximo día 29 de xullo, a partir das 11 horas, a presentación da Guía para unha contratación pública aberta a Pemes, que inclúe medidas orientadas a superar as dificultades relacionadas co tamaño dos contratos ou a fixar requisitos de capacidade económica, financeira e técnica proporcionados.
Esta guía contempla igualmente medidas orientadas ao impulso da subcontratación, á posta en valor do criterio calidade-prezo, á reducción da carga administrativa ou á concesión de prazos suficientes para a preparación das ofertas, así como para potenciar a participación das Pemes nos contratos menores e nos procedementos negociados sen publicidade.
O acto incluirá, ademais, un relatorio sobre os apoios da Xunta de Galicia ás Pemes, así como o correspondente coloquio.
Programa
Inscricións: protocolo@igape.es
|
|
|
|