ACELERADORAS DE EMPRESAS EN CABANA, FERROL, MONFORTE, MONDOÑEDO, XINZO E CELANOVA. AMPLIADO O PRAZO DE SOLICITUDE ATA O PRÓXIMO 29 DE XULLO
Os emprendedores que desexen contar con asesoramento e apoio para poñer en marcha unha empresa, e os autónomos ou empresarios con proxectos creados neste ano que buscan asistencia experta para a fase de lanzamento, poden solicitar a súa incorporación a unha das aceleradoras ou espazos coworking postas en marcha no marco do acordo entre a Xunta de Galicia, a través do Igape, e a Escuela de Organización Industrial, EOI.
Os emprendedores interesados poden presentar as súas solicitudes ata o próximo 29 de xullo. Os solicitantes seleccionados accederán a un espazo onde se desenvolverán talleres formativos para os emprendedores e haberá un servizo de mentorización personalizado para o deseño do modelo de negocio escollido
Máis información
Cabana de Bergantiños Ferrol Monforte Mondoñedo Xinzo de Limia Celanova
|
|
|
|