SEMINARIO SOBRE O COMERCIO ELECTRÓNICO CON CHINA
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizan o seminario Comercio Electrónico en China: Perspectivas e Oportunidades, que terá lugar o martes 19 de xullo a partir das 10.00 horas na sede do Igape (Complexo Administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela).
O comercio electrónico, que está a ser promovido de forma moi decidida polas autoridades chinesas, proporciona as empresas galegas unha vía de entrada ao xigante asiático. Só en 2014, o comercio electrónico representou en China o 20% dos intercambios transfronteirizos e agárdase que acade o 50% no ano 2020. Cunha alta aceptación de produtos estranxeiros (ao redor do 40% dos compradores decántanse por produtos de fabricación non chinesa) o goberno está a ofrecer tarifas de favorable importación, con rebaixas que en ocasións acadan descontos de até o 50%.
Para informar sobre este escenario de oportunidades, participará no seminario Javier Bahut Vega, director de Pexga China, que, desde Shanghái, realizará unha presentación sobre o marco xeral do país e servizos da plataforma Pexga. Desde Madrid, tamén en videoconferencia, intervirá Luis S. Galán Lozano, CEO de 2Open, unha das axencias líderes de márketing dixital entre China e España con experiencia en sectores como o agroalimentario, hostalería ou moda e confección, que analizará os produtos e sectores máis demandados a través de canles electrónicas. Ambos participarán posteriormente nun coloquio coas empresas asistentes.
A asistencia a este seminario é gratuíta previa inscrición. O número de prazas é limitado.
Programa Inscrición
|
|
|
|