ENCONTRO COA PLATAFORMA PEXGA EN MÉXICO: SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 E 15 DE XULLO
As empresas interesadas en iniciar ou ampliar a súa proxección cara ao mercado mexicano teñen unha cita no encontro coa plataforma da rede Pexga en México que se desenvolverá, o 13 e o 15 de xullo, en Santiago de Compostela, impulsado conxuntamente polo Igape e a CEG.
O encontro coa Plataforma Pexga en México desenvolverase na sede da CEG (rúa do Vilar, 54), contando coa participación do seu subdirector, Fernando E. Rivadeneyra Núñez, e a de Vidaur Moura Espinoza, experto en aduanas e investimento estranxeiro. As empresas asistentes poderán asistir ao Seminario Sector Automotriz e Industria Auxiliar en México: Oportunidades e Claves de Implantación, que se desenvolverá o mércores 13 de xullo, a partir das 9.45 h.
As empresas interesadas poderán solicitar unha entrevista bilateral cos representantes da plataforma, que lles permitirá expor as cuestións relativas aos seus proxectos en México de forma individual e coñecer de primeira man de que forma os servizos que ofrece a oficina lle poden ser de utilidade. O horario previsto para a realización das entrevistas bilaterais será de 12.00 a 18.30 h o mércores 13 de xullo, e de 10.00 a 14.30 h. o venres 15 de xullo.
A participación en calquera destas actividades é gratuíta e require inscrición previa. Dado que as prazas son limitadas, as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada.
Programa Inscricións
|
|
|
|