PROGRAMAS DE FORMACIÓN EN INGLÉS EMPRESARIAL
A Consellería de Economía e Industria iniciou en 2015, a través do Igape, programas de inmersión en inglés destinados a facilitar a internacionalización empresarial. Para dar continuidade a esta formación, van a ser realizados novos programas de formación en inglés empresarial.
Destinatarios da formación:
Directivos e mandos intermedios; técnicos de empresas (incluídos autónomos) ou de organismos empresariais (asociacións, clusters, consellos reguladores, centros tecnolóxicos) con centro de traballo en Galicia. Profesionais con responsabilidades e/ou tarefas relacionadas coa internacionalización empresarial e traballando nun centro de traballo de Galicia.
Tipos de formación:
- CURSO DE INMERSIÓN: formación presencial en grupos reducidos dun máximo de 10 persoas, duración dunha semana, de luns a vernes. Inclúen manutención e aloxamento.
- Lugar: Centro de Inmersión Lingüística Os Peares. Poblado de Fenosa. Carballedo. Lugo.
- Datas: setembro: do 25 ao 30; outubro: do 23 ao 28
- CURSO DE SEGUIMENTO durante 3 meses, de setembro a decembro de 2016, mediante comunicación co alumno a través de: e-mail, teléfono, e visitas do profesor á empresa. Desde o propio lugar de traballo do alumno.
Requisitos específicos dos candidatos:
- No caso de profesionais en activo, a solicitude debe facela a empresa ou o organismo intermedio.
- Polo que respecta ás empresas (incluídos autónomos) deberán estar dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo (IG192).
SOLICITUDES:
Empresas (incluídos autónomos) e Organismos intermedios galegos: oficina virtual IGAPE (IG232)
Prazas limitadas. A primeira fase de selección faráse cos inscritos ata o 15 de xullo de 2016
Máis información
Para consultas relacionadas con este programa, contactar no teléfono 981 54 16 78 ou enviando un e-mail a: jmrf@igape.es
|
|
|
|