XORNADA TÉCNICA: PLANS DE SISTEMAS SECTORIAIS
A Sala Eisenman da Cidade da Cultura acollerá o próximo martes, 14 de xuño, a partir das 12 horas, a Xornada Plans de Sistemas Sectoriais, na que se presentará o estudo realizado conxuntamente polo Cluster TIC e o IGAPE para coñecer polo miúdo o potencial de mellora competitiva que as ferramentas e tecnoloxías informáticas poden achegar ás empresas de 3 sectores especialmente representativos na economía galega: agroalimentario, téxtil e madeira.
O estudo permite coñecer a realidade tecnolóxica das empresas destes sectores e as posibilidades e oportunidades de mellora e desenvolvemento baseadas na dixitalización nas PEMEs galegas que agrupan.
Os relatorios da xornada mostrarán:
- As oportunidades de desenvolvemento que as empresas destes sectores consideran máis prioritarias neste ámbito.
- O punto de vista de expertos sectoriais.
- As recomendacións sobre instrumentos de apoio efectivos.
Os “Plans de Sistemas Sectoriais” forman parte das accións previstas pola Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0., que consta de cinco eixos principais onde se definen as actividades que a Xunta de Galicia desenvolverá nos próximos anos para o apoio á industria. En particular, o primeiro dos eixos, o centrado nos factores territoriais de competitividade, establece como medida prioritaria o acceso e integración efectiva das TIC no tecido produtivo e empresarial galego.
- Programa
- Confirmación de asistencia: mat@igape.es
- Máis información: 981 54 11 54
|
|
|
|