IV EDICIÓN DOS PREMIOS EMPRENDE GAIÁS-SIXTO SECO
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia vén de convocar a IV edición dos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, un concurso de ideas e proxectos innovadores no que colabora o Igape e que ten como obxectivo apoiar aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais en Galicia.
A convocatoria inclúe tres modalidades:
- Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en Internet.
- Proxectos na área de deseño, creación artística e plástica.
- Iniciativas na área de xestión cultural.
O premio en cada unha das modalidades inclúe unha achega económica e a incorporación gratuita, durante doce meses, ao Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.
O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 8 de xullo.
Máis información
Inscrición
Vídeo promocional
|
|
|
|