XORNADAS TÉCNICAS SOBRE EFICIENCIA, BIOMASA E MOBILIDADE SOSTIBLE NA I FEIRA DA ENERXÍA DE GALICIA
A I FEIRA DA ENERXÍA DE GALICIA, que se celebrará do 14 ao 16 de abril en Silleda, impulsada pola Conselleria de Economía, Emprego e Industria, a través do Inega e coa colaboración do Igape, será unha mostra profesional e especializada co obxectivo de posicionar a Galicia como punto de encontro de empresas e profesionais do sector enerxético para:
- Servir de escaparate das tecnoloxías máis innovadoras no sector das enerxías renovables, da eficiencia enerxética e do autoconsumo.
- Abrir novas oportunidades de negocio e contactos profesionais e de intercambio de coñecemento.
- Servir de plataforma de internacionalización para empresas galegas.
- Realizar unha labor divulgativa, nunha xornada de portas abertas (o sábado 16), que permita á cidadanía coñecer os últimos desenvolvementos en eficiencia enerxética e enerxías renovables.
Contará cun extenso programa de sesións técnicas nas que a Eficiencia Enerxética, a mobilidade sostible e a biomasa serán os protagonistas das xornadas organizadas polo Inega. En concreto:
Xoves, 14 de abril:
- De 10:30 h. a 13:30 h.: Xornada técnica sobre eficiencia enerxética
- De 16:00 h. a 18:30 h.: Xornada técnica sobre eficiencia enerxética na administración local
Venres, 15 de abril:
- De 10:00 h. a 14:00 h.: III Foro da Biomasa de Galicia
- De 11:00 h. a 13:30 h.: Xornada técnica sobre Mobilidade Sostible
Programa e inscricións
|
|
|
|