LA CAIXA E O IGAPE CONVOCAN A X EDICIÓN DOS PREMIOS EMPRENDEDOR XXI
Co obxectivo de identificar, recoñecer e acompañar ás novas empresas -con menos de tres anos de actividade- con maior potencial de crecemento, La Caixa, a través de Caixa Capital Risc, e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, veñen de convocar a X edición dos premios Emprendedor XXI, na que colabora tamén ENISA.
Ademais dun premio por cada comunidade autónoma española, haberá galardóns sectoriais para distinguir ás mellores empresas en ámbitos como as ciencias da vida, as tecnoloxías da información, os negocios dixitais, o sector agroalimentario e as tecnoloxías industriais. Haberá ademais dous accésit, un á mellor innovación tecnolóxica e outro ao proxecto con maior impacto social na súa contorna.
O ganador autonómico en Galicia recibirá un premio de 5.000 euros en unha bolsa para un curso intensivo sobre crecemento empresarial na Universidade de Cambridge (Reino Unido). Pola súa banda, os gañadores sectorias obterán unha achega económica de 25.000 euros e acceso gratuito durante seis meses ás reunións mensuais dirixidas por un especialista co obxectivo de acompañar aos CEO na definición da estratexia de crecemento da empresa. Os tres finalistas de cada sector poderán acceder tamén a este programa gratuito de acompañamento.
Os emprendedores que desexen presentar as súas candidaturas poden facelo, ata o próximo 30 de maio, a través da páxina web www.emprendedorXXI.es
|
|
|
|