XORNADA TÉCNICA: PRESENTACIÓN DA CONVOCATORIA DE AXUDAS Á REINDUSTRIALIZACIÓN E Á COMPETITIVIDADE 2016
Presentar a nova convocatoria das axudas do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo para promover a reindustrialización e a competitividade nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal é o obxectivo da xornada técnica que se desenvolverá mañá, 16 de marzo, a partir das 12 horas, no salón de actos do Edificio da Xunta de Galicia en Ferrol (praza Camilo José Cela, s/n)
Participarán na xornada o director xeral de Industria y de la PYME do MINETUR, Víctor Audera, e o director xeral do Igape, Javier Aguilera. Intervirá igualmente o conselleiro delegado da Empresa Nacional de Innovación (ENISA), Bruno Fernández.
Prégase confirmación de asistencia no e mail sss@igape.es , ou ben chamando ao teléfono 981337104.
Ver programa
|
|
|
|