ACORDO DE ASOCIACIÓN CENTROAMÉRICA-UNIÓN EUROPEA: UNHA GRANDE OPORTUNIDADE DE NEGOCIOS PARA AS EMPRESAS GALEGAS
Achegar ás empresas galegas as novas oportunidades de negocio vinculadas ao Acordo de Asociación Centroamérica-Unión Europea é o obxectivo da xornada técnica específica que se vai desenvolver en Santiago de Compostela, na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (rúa do Vilar, 54) o próximo día 8 de marzo, organizada polo ICEX Galicia coa colaboración do Igape.
A xornada técnica contará coa participación dos embaixadores e/ou altos representantes dos gobernos de Guatemala, El Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica e Panamá. O encontro ten como finalidade dar a coñecer as oportunidades de negocio para empresas galegas con proxección internacional que abre o novo marco de relacións de Europa con estes países de Centroamérica.
As inscricións son de carácter gratuito. As empresas interesadas en manter encontros con algún dos participantes dos países ibveroamericanos deberán solicitalo enviando un correo electrónico a vigo@comercio.mineco.es
Ver Programa
|
|
|
|