PROXECTO ALERTA. NOVOS WEBINARS ARREDOR DA PROMOCIÓN DE NOVAS IDEAS EMPRESARIAIS
Os webinars "Inspirando ideas" transmiten análisis e informacións que soportan ideas base para proxectos empresariais.
O próximo webinar do ciclo "Inspirando ideas" desenvolverase o 02/03/2016 a partir das 14:30 horas, baixo a denominación "O acceso das pemes europeas aos mercados financeiros"
Neste webinar revisarase a información que se pode obter da enquisa periódica semestral que o Banco Central Europeo elabora sobre o acceso das pymes ao financiamento, completando esta revisión cunha análise da situación derivada da última enquisa publicada (Abril a Setembro 2015).
A inscripcion é gratuita, pero está limitada, por razóns técnicas, ás vinte primeiras solicitudes recibidas.
Inscribirse
Outro webinar "Inspirando ideas" programado:
• 16/03/2016: Compra pública innovadora: o caso holandés
"Inspirando ideas" é unha actuación derivada do proxecto Alerta, financiado por Igape e o Fondo Social Europeo, que se dessenvolveu entre os anos 2012 a 2015, na que se presentan datos, estudos e informes compilados polo equipo de analistas, que poden servir de base para orientar os proxectos de creación de vantaxes competitivas en todo tipo de organizacións.
O Igape liderou o proxecto europeo Alerta, no que participaron e colaboran axencias de desenvolvemento rexional de Cantabria, País Vasco, Castela e León, Francia e Portugal co obxectivo de intercambiar experiencias e boas prácticas na promoción económica, para facilitar a mellora da competitividade das empresas a partir da mellora dos procedementos, servizos e apoios facilitados.
|
|
|
|