XORNADA TÉCNICA, A TRAVÉS DA REDE CEMIT, SOBRE AS NOVAS LIÑAS DE AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
A Consellería de Economía, Emprego e Industria activou novas liñas de apoio para facilitar os investimentos empresariais e dos emprendedores, para o acceso a circulante para Pemes, a mellora da competitividade, a incorporación de innovación, a internacionalización, a modernización do comercio, a creación de emprego ou a eficiencia enerxética.
Co obxectivo de difundir estas novas convocatorias, con prazos de presentación de solicitudes que, nalgúns casos, rematan en datas próximas, a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a desenvolver un amplo programa de xornadas técnicas sobre o territorio.
Para reforzar este labor de difusión, o próximo xoves, 11 de febreiro, a partir das 11:30 horas, as aulas da plataforma da rede CEMIT abaixo relacionadas facilitarán o seguimento da xornada técnica desenvolvida, mediante videoconferencia, segundo o seguinte programa. O obxectivo é que os asistentes, desde as diferentes aulas da rede e dun xeito interactivo, podan participar no coloquio cos diferentes ponentes para resolver as posibles dúbidas.
As persoas interesadas en seguir esta xornada técnica deberán inscribirse enviando previamente un correo electrónico ao enderezo a aula onde desexen asistir:
-
Fisterra, cemit.fisterra@xunta.es
-
Ortigueira, cemit.ortigueira@xunta.es
-
Pontedeume, cemit.pontedeume@xunta.es
-
A Fonsagrada, cemit.afonsagrada@xunta.es
-
Barreiros, cemit.barreiros@xunta.es
-
Monforte de Lemos, cemit.monforte@xunta.es
-
Sarria, cemit.sarria@xunta.es
-
Celanova, cemit.celanova@xunta.es
-
Leiro, cemit.leiro@xunta.es
-
A Guarda, cemit.aguarda@xunta.es
-
Cuntis, cemit.cuntis@xunta.es
-
Valga, cemit.valga@xunta.es
-
A Estrada, cemit.aestrada@xunta.es
-
Castro Caldelas, cemit.castrocaldelas@xunta.es
-
Ribeira, cemit.ribeira@xunta.es
-
Santiago de Compostela, cemit.santiago@xunta.es
A localización física das aulas adheridas pode consultarse nesta dirección
|
|
|
|