XORNADA TÉCNICA SOBRE O AFORRO E A EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS
Achegar información detallada sobre a liña de axudas do Inega para o aforro enerxético ás empresas, así como os seus impactos positivos na economía galega, e un dos obxectivos da xornada técnica que se desenvolverá o próximo 12 de xaneiro, a partir das 10 horas, na sede do Mupega.
Nesta xornada tamén se achegará información sobre as distintas solucións que se poden desenvolver para racionalizar o consumo e diminuír a factura enerxética, solucións que poden ser aplicadas nas empresas.
Ver Programa
Inscricións: inega.cursos@xunta.es
Máis información: 981 54 15 09 |
|
|
|