ESTUDO DE AVALIACIÓN DO POTENCIAL DE AFORRO ENERXÉTICO EN GALICIA CO USO DAS TIC. ENQUISA
O Proxecto Entic é unha iniciativa de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal que ten como principal obxectivo é promover a incorporación nas empresas de medidas de eficiencia, diversificación enerxética, e sistemas e ferramentas TIC que permitan reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e incrementar a eficacia no uso dos recursos.
No marco deste proxecto liderado polo Igape, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) está a desenvolver un profundo estudo de potencialidade de aforro enerxético mediante o emprego de solucións TIC nos distintos sectores produtivos de Galicia, así como de identificación das barreiras existentes para a súa futura implantación.
Consideramos que a súa participación no desenvolvemento deste estudo resultaría de gran interese permitíndonos coñecer mellor a situación do seu sector. Participe no Estudo de Avaliación do Potencial de Aforro Enerxético en Galicia co Uso das TIC
Pode colaborar cumprimentando a información solicitada neste link
Máis información, no Instituto Tecnológico de Galicia (ITG)
Teléfono 981 173 206 · www.itg.es · itg@itg.es
A xestión sostible e intelixente da enerxía impulsa a competitividad.
|