Deadline for submitting applications will end on 05/07/2023

IG240 - AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0 (2023)

Purpose / Objective

Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

A presente convocatoria é susceptible de ser cofinanciada no marco do programa operativo Feder Galicia 21-27, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 60%, computando como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante. En particular:

Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Obxectivo específico 1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización a cidadanía, ás empresas, ás organizacións de investigación e ás administracións públicas.
Liña de actuación 1.2.01. Axudas á dixitalización avanzada das empresas galegas, incluídas as entidades do terceiro sector.
Campo de intervención 013. Dixitalización de pemes (incluídos o negocio e o comercio electrónicos e os procesos empresariais na rede, os polos de innovación dixital, os laboratorios vivintes, os ciberemprendedores, as empresas emerxentes baseadas en TIC o comercio electrónico entre empresas).

Types of support

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

A concorrencia aplicarase de maneira individual a cada un dos tres tipos de proxectos definidos en función do importe subvencionable.
• Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable menos de 50.000 €.
• Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000 € e 120.000 €.
• Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000 €.

Potential beneficiaries

1. As pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo aos empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

2. As pemes poderán solicitar axudas á tipoloxía de proxectos individuais descritos no artigo 1.b).

3. Para poder solicitar as axudas á tipoloxía de proxectos colectivos descritos no artigo 1.a), os interesados deberán previamente constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007. A dita agrupación terá que estar constituída polo menos por dúas pemes con centro de traballo en Galicia. Deberase facer constar expresamente nun documento os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. No caso de que o proxecto das pemes estea coordinado por un organismo intermedio, este non formará parte da agrupación.

No caso de que exista vinculación entre algunhas empresas da agrupación, as empresas vinculadas contarán coma unha única a efectos da avaliación do proxecto. Se todas elas estivesen vinculadas, avaliaríase o proxecto como varias solicitudes individuais.

4. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
a) Empresas pertencentes ao sector da pesca e a acuicultura, ao sector da produción agrícola primaria, ao sector do aceiro, ao sector do carbón, ao sector da construción naval, ao sector das fibras sintéticas, ao sector dos transportes, así como a infraestrutura conexa, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.
b) As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipos para os que solicitan a axuda.
c) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.
d) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
e) As que entren dentro da categoría de empresas en crise.
f) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
g) As empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando as persoas solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
5. As persoas solicitantes da axuda cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración responsable de non atoparse en ningunha situación que as exclúa de ser persoas beneficiarias conforme a este artigo.

Sectors eligible for subsidy

Poderán ser beneficiarias as pemes de calquera sector da actividade económica incluído no ámbito de aplicación do Regulamento (UE) nº 651/2014, considerando o indicado no punto 4.a) deste artigo.

Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
- Empresas pertencentes ao sector da pesca e a acuicultura, ao sector da produción agrícola primaria, ao sector do aceiro, ao sector do carbón, ao sector da construción naval, ao sector das fibras sintéticas, ao sector dos transportes, así como a infraestrutura conexa, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.
- As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipos para os que solicitan a axuda.

Main project requirements

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

a) Proxectos colectivos, nos que un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º) Propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais.
2º) Propoñen a implantación dun sistema de dixitalización, dalgún proceso ou de xestión integral, especificamente deseñado ou desenvolvido para o seu ámbito de actividade.

b) Proxectos individuais nos que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º Desenvolvemento dunha interfaz dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.
2º Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, bigdata e similares) e ciberseguridade.
3º Implementación de sistemas encamiñados á dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral (ERP, CRM e similares).

Ademais, os proxectos encadraranse en tres tipos distintos en función do importe total subvencionable:
• Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable menos de 50.000 €.
• Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000 € e 120.000 €.
• Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000€.

Os proxectos da modalidade a) terán preferencia sobre os da modalidade b). O Igape poderá reclasificar os proxectos entre modalidades e tipos no caso de que a clasificación proposta pola empresa non sexa correcta.

2. Os proxectos deberán estar finalizados para poder optar ao cobro da subvención. Enténdese que os proxectos están finalizados cando exista a capacidade de interconexión multiempresa de procesos no caso dos proxectos colectivos ou cando as interfaces poidan conectar á persoa solicitante con outra ou outras empresas, ou ben os sistemas de dixitalización estean implantados e operativos, no caso de proxectos individuais, o que se acreditará na memoria de xustificación. Non se aprobarán proxectos que non propoñan chegar a resultados, como estudos de viabilidade ou deseño de solucións illadamente do seu desenvolvemento e implantación na persoa solicitante.

3. Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, económica e financeiramente viables para a persoa solicitante, e ademais das obrigas derivadas da tramitación administrativa das solicitudes, constitúen requisitos de admisión das solicitudes para proceder á súa valoración, os seguintes:
- Adecuación do proxecto aos obxectivos da convocatoria.
- Requisitos de personalidade física ou xurídica e actividade económica das persoas solicitantes para ser persoas beneficiarias.
- Contía total dos investimentos subvencionables superior aos importes mínimos fixados.

Só serán admitidos os proxectos que reúnan todos os requisitos anteriores, procedéndose á súa valoración competitiva conxunta.

4. O gasto subvencionable mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000 € para os proxectos individuais e de 10.000 € por participante para os proxectos colectivos.

5. Todos os proxectos financiados ao amparo destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do No Significant Harm).

Required qualifications do proxecto

Os proxectos deberán acadar as seguintes puntuacións mínimas para poder optar á concesión da axuda en réxime de concorrencia competitiva:

Modalidades dos artigos 1.a): 60 puntos.
Modalidades dos artigos 1.b): 40 puntos.

1º Calidade técnica do proxecto: ata 60 puntos:
i. Descrición do proxecto (15 puntos)
ii. Adecuación do proxecto (20 puntos)
iii. Tipo de solución e melloras esperadas: (20 puntos)
iv. Proxectos das modalidades dos artigos 1.1.b).1º e 1.1.b).2º, con importe subvencionable superior a 50.000 € e que sexan coordinados por un hub de innovación dixital dos seleccionados ao abeiro da Estratexia galega de HID (5 puntos).
2º. Adecuación dos investimentos e capacidade económica (15 puntos):
3º Alcance do proxecto: ata 10 puntos
4º Sector ou ámbito de actividade no que se desenvolva o proxecto: 10 puntos
5º Proxecto en concello emprendedor: 5 puntos, que se outorgarán a proxectos que se desenvolvan nun concello declarado como concello emprendedor.

Investments or eligible costs

O gasto subvencionable mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000 € para os proxectos individuais e de 10.000 € por participante para os proxectos colectivos.

1. Os proxectos clasificaranse de maneira automática, en función do importe subvencionable, dentro dun dos tres tipos de proxectos.

2. Poderanse subvencionar os seguintes tipos de conceptos:

a) Investimentos materiais e/ou inmateriais novos adquiridos en propiedade (que para ser subvencionables deben contabilizarse nunha conta contable do grupo 2) que sexan necesarios para o desenvolvemento do proxecto. Exclúese a adquisición e acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte, equipamento de oficina e o equipamento TIC básico (tal como ordenadores de sobremesa, portátiles, teléfonos intelixentes, tablets, impresoras). Non obstante, excepcionalmente poderase autorizar a adquisición de equipamento TIC que pola súa especificidade quede xustificado no ámbito de desenvolvemento do proxecto, cando o seu subministro sexa imprescindible para a implantación do proxecto, sen que poidan ser utilizados para outros fins distintos á devandita implantación.

b) Servizos de consultaría externa de carácter tecnolóxico ou organizativo (que para ser subvencionables debe contabilizarse nunha conta contable do grupo 6): asistencia técnica e consultaría directamente relacionada coa execución do proxecto. As colaboracións externas subvencionables deberán contribuír aos obxectivos específicos do proxecto e polo tanto non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa como son os servizos rutineiros de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade, servizos de mantemento nin calquera outros non vinculados directamente ao obxecto do proxecto.
Os conceptos subvencionables, poderán reclasificarse de oficio atendendo á súa descrición.

Así mesmo, non serán subvencionables aquelas colaboracións externas nas que non se indique con claridade o resultado a obter, os entregables previstos e como se integrará ese traballo no resultado final global do proxecto.

c) Nos proxectos da modalidade do artigo 1.a), se se opta por contar cun organismo intermedio, este poderá facturar ás pemes participantes en concepto de gastos de coordinación do proxecto, ata un máximo de 1.500 € (excluído IVE) por cada peme beneficiaria participante no proxecto, ata un importe total máximo de 5.000 € por proxecto (excluído IVE). Ese importe considerarase gasto subvencionable de consultaría externa e dividirase entre todas as pemes participantes.

d) Nos proxectos das modalidades 1.a), 1.b).1 e 1.b).2, con importe subvencionable superior a 50.000 € e que sexan coordinados por un hub de innovación dixital, dos seleccionados ao abeiro da Estratexia galega de HID, ata un máximo de 5.000 € en concepto desta coordinación.

3. As pemes beneficiarias de subvención a investimentos deberán achegar una contribución financeira a estes, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25% do importe subvencionable, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo exento de calquera tipo de axuda pública, o que será obxecto de declaración responsable tanto na solicitude inicial como na solicitude de cobramento.

4. Os investimentos e gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. Ningún dos importes alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto desa peme sería non subvencionable. Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

Para estes efectos, determinados traballos preparatorios, como a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

5. O período de execución dos gastos e investimentos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data para a execución dos proxectos establecida na resolución de convocatoria.

6. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos pola persoa beneficiaria en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento de todas as cantidades aprazadas e efectuados todos os pagamentos por calquera concepto.

7. Cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables superen as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 €), a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á súa contratación, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren.

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a persoa solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerarse subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios técnicos adicionais ao prezo.

8. O investimento terá que incluírse no activo da empresa e manterse no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto.

9. No caso de investimento en activos intanxibles, para ser considerados subvencionables, deberán cumprir ademais todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador.

10. Con carácter xeral, os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación entre empresas se responden á definición de “empresas asociadas” ou de “empresas vinculadas” establecida nos apartados 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do Anexo I do Regulamento (UE) Nº 651/2014. Excepcionalmente, o Igape poderá autorizar a contratación con provedores vinculados cando a persoa solicitante xustifique a necesidade de contratar ao provedor vinculado e acredite que a contratación atende a prezos de mercado.

11. Os bens e servizos subvencionados deberán ser adquiridos a terceiros e en ningún caso o importe de adquisición dos investimentos ou os gastos subvencionables poderán ser superiores ao valor de mercado.

12. Non se considerará o IVE como gasto subvencionable.

13. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables nos que incorrera nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, no seu defecto, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Amount of aid

A subvención será do 35% dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 25% para as medianas.

A subvención será do 50% dos gastos servizos de consultaría subvencionables para ambas categorías de empresa, pequenas e medianas. Os gastos do organismo intermedio previstos no art. 5.2.c), de existiren, terán a consideración de colaboracións externas.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de un mes contado dende as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo dun mes.


Incompatibility

Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para o mesmo proxecto.
A obtención doutras axudas ou subvencións concorrentes deberá comunicárselle ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado.

Legislative Reference

Resolución do 18 de maio de 2023 (DOG Nº105 do 05/06/2023) - Bases reguladoras e convocatoria 2023

Information and processing in

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

*Tramitación:
1. Para presentar a solicitude, o representante do grupo deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias dos alumnos/as e do proxecto co que opta aos premios a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

Presentarase unha solicitude por cada tipo de proxecto dos definidos no artigo 1 nas letras a) ou b). No caso de que un proxecto conteña unha mestura de tipoloxías, as persoas solicitantes deberán clasificalo dentro dalgunha das tipoloxías definidas en función da que considere principal ou máis salientable. Cada agrupación só poderá presentar un proxecto. As pemes poderán presentar un único proxecto individual e participar nunha ou máis agrupacións, sempre que os investimentos e gastos de cada unha das solicitudes sexan distintos.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva do proxecto que deberá conter mención explícita aos criterios de avaliación e selección de proxectos aplicables (artigo 6).
b) As tres ofertas que, deban ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 5.7 destas bases reguladoras.
c) Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes, no caso de non estar inscritas no Rexistro Mercantil.
d) Poder da persoa representante que presenta a solicitude, no caso de non estar inscritas no Rexistro Mercantil.
e) Se é o caso, o documento de constitución da agrupación segundo o establecido no artigo 4.3.
f) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, segundo o establecido no artigo 4.4.g) das bases reguladoras, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará do seguinte xeito, de acordo co Anexo V destas bases:
i. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante declaración responsable.
ii. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación, emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá ao prazo efectivo dos pagos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.
g) Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao medio ambiente (principio “do no significant harm” – DNSH), segundo o Anexo VI a estas bases.

Observations

O prazo de execución dos proxectos de dixitalización Industria 4.0 non poderá superar o 30 de xuño de 2024.