Deadline for submitting applications will end on 30/09/2022

IG257 - REAVAL CONFLITO RUSIA-UCRAÍNA - PRÉSTAMOS AVALADOS PARA FINANCIAR A OPERATIVA DAS PEMES AFECTADAS POLAS CONSECUENCIAS ECONÓMICAS DA INVASIÓN DE UCRAÍNA POR RUSIA (2022)

Purpose / Objective

Favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para financiar a operativa das pemes galegas afectadas polos incrementos dos prezos de materias primas e subministracións como consecuencia da invasión de Ucraína por Rusia.

Types of support

Réxime de concorrencia non competitiva. Suxeita a minimis.

Potential beneficiaries

1. As pequenas e medianas empresas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.
b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I.

2. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

A operación financeira deberá estar formalizada a nome da entidade, e deberá ser asinada por cada un dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo de autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación. No caso de comunidades de bens, cada un dos socios deberá cubrir o formulario do anexo III.

Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.

c) As entidades nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007.

A titular deberá cumprir os seguintes requisitos:

1. Ter sido afectada polo incremento de prezos producido como consecuencia dos efectos da invasión de Ucraína por Rusia, dalgún dos seguintes xeitos:

a) O prezo unitario das materias primas adquiridas a terceiros non vinculados deberá terse incrementado en mais dun 50% respecto ao prezo promedio pagado no ano 2021, con excepción das empresas con CNAE 47.3, Comercio a retallo de combustible para a automoción en establecementos especializados, nas que o incremento deberá ser, como mínimo, do 20%.

b) O gasto en combustible e subministracións enerxéticas do 2021 deberá supoñer, como mínimo, o 25% do importe neto da cifra de negocios.

O cumprimento deste requisito específico será acreditado mediante declaración responsable da peme solicitante de acharse nunha ou nas dúas situacións recollidas nas letras a) e b) anteriores.

Sectors eligible for subsidy

Considéranse atendibles todas as actividades, salvo as que expresamente se exclúan.

En todo caso, EXCLÚENSE:

a) A fabricación de armamento, armas e municións, as instalacións ou infraestruturas militares ou policiais e o material ou infraestruturas destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas (cárceres e centros de detención de todo tipo).

b) Os xogos de azar coas instalacións conexas.

c) A produción, transformación ou distribución de tabaco.

d) As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só pode ser atenuado ou compensado en moi escasa medida.

e) As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou ética.

f) As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.

Main project requirements

1. Importe.
O importe do préstamo a avalar será igual ou superior a 3.000 € e igual ou inferior a 300.000 €.

Un mesmo titular poderá presentar varias solicitudes de axuda ao abeiro deste apartado. Neste suposto acumularase o importe total do financiamento, que non poderá superar o límite de 300.000 € por convocatoria

2. Prazo.
O prazo mínimo do préstamo a avalar será de 3 anos e non superior a 7 anos, incluída unha carencia dun máximo de 2 anos.

3. Tipo de xuro.

O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a estas bases poderá ser:

- Fixo: 3,0% (como máximo) ou
- Variable: euribor a 6 meses + 2,25 (como máximo).

4. Subvención ao tipo de xuro.

O Igape poderá subvencionar a fondo perdido un importe equivalente a 1,5 puntos porcentuais dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade, e sen que poida exceder do montante total dos xuros xirados pola entidade de crédito.

A subvención que, se é o caso, sexa concedida será determinada no momento da concesión, e pagarase á beneficiaria dunha soa vez, na conta bancaria que esta designe, unha vez que esta presente a xustificación e solicitude de cobramento. No caso de amortización anticipada do préstamo, a titular deberá reintegrar ao Igape a diferenza entre os xuros aboados e o importe da subvención.

5. Comisións.

As comisións máximas que a entidade de crédito poderá repercutir por tódolos conceptos na formalización será do 0,60 %. Para estas comisións a entidade de crédito poderá estipular un mínimo de ata 30 €. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobro da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 0,50 % por tódolos conceptos na formalización, sen prexuízo da comisión de aval, para a que poderán cobrar ata o 1,00 %, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado, e da aportación ao capital social da SGR, pola que poderán cobrar ata o 4,00 % do importe do financiamento avalado. Todos estes conceptos determinaranse e aboaranse ao inicio da operación, e poderán ser financiados co propio préstamo. O cliente poderá solicitar o reembolso da participación social unha vez remate a súa relación coa SGR.

6. Garantías.

A garantía a favor das entidades de crédito será o aval da SGR adherida ao convenio, polo 100 % do risco. No caso de operacións de importe superior a 150.000 €, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR adherida. A estes efectos, todas as referencias destas bases ás operacións de aval e ás SGR descritas en singular, entenderanse realizadas en plural.

As contra garantías a favor da SGR consistirán no reaval do Igape en cobertura de ata o 25 % do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos e outros dependentes da Administración. No caso de operacións por importe superior a 200.000€, as SGR poderán tomar adicionalmente garantías reais, sempre que non recaian sobre activos líquidos ou financeiros.

Disposición e utilización.

O período de disposición e utilización dos fondos do préstamo iniciarase na data de formalización da operación e finalizará na primeira das dúas seguintes datas:

- Un ano desde a data de formalización.
- A primeira amortización.

Poderán pagarse con cargo aos fondos do préstamo gastos e investimentos anteriores á data de formalización do préstamo, sempre que se atopen pendentes de pagamento dentro do período de disposición e utilización.

Investments or eligible costs

Deberá formalizar un préstamo a longo prazo a avalar, para o financiamento de:

1) Capital corrente, entendido este como o pagamento dos seguintes conceptos de gasto: compras de materias primas, outros aprovisionamentos e mercadorías, gastos de persoal (soldos e salarios, indemnizacións, seguridade social e outros gastos sociais), impostos, arrendamentos e canons, reparacións e conservación, servizos de profesionais independentes, transportes, primas de seguros, publicidade, propaganda e relacións públicas, subministracións e outros servizos relacionados coa actividade.

Poderá ser aplicado, así mesmo, ao pagamento da comisión do aval así como as achegas ao capital das SGR.

2) Investimentos en activos fixos produtivos sostibles para a mellora competitiva, que reduzan a dependencia de determinadas materias primas ou provedores, e/ou que melloren a eficiencia enerxética da actividade.

Os bens obxecto de investimento ou gasto deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pago aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de disposición e utilización dos fondos, debendo constar neste momento o vencemento e pago das cantidades aprazadas.

Os bens usados poderán ser financiados sempre que se acredite mediante certificado de taxador independente que o prezo non supera o valor de mercado e é inferior ao custo de bens novos similares.

Os provedores e acredores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante nin cos seus órganos directivos ou xestores.

Amount of aid

O Igape reavalará ata o 25 % do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas.

O Igape poderá subvencionar a fondo perdido, mentres non se esgote a dispoñibilidade orzamentaria e mentres a beneficiaria non supere o seu límite de axudas de minimis, un importe equivalente a 1,5 puntos porcentuais dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade de financiamento.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 8:00 h. e finalizará o 30 de setembro de 2022 ás 14:00 h, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibility

Serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada, pero, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de minimis. De xeito xeral, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais e, para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada, este límite redúcese a 100.000 €. Para as empresas do sector da pesca, non poderán superar 30.000 € e para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 €.

A solicitude e obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento da solicitude da axuda. Así mesmo, a SGR deberá comunicar ao Igape, a porcentaxe de reaval obtida doutros organismos, así como as axudas en minimis implícitas no mesmo.

Legislative Reference

Resolución do 13 de abril de 2022 (DOG Nº76 do 21/04/2022) - Bases financiamento Igape-pemes 2022
Resolución do 5 de maio de 2022 (DOG Nº93 do 13/05/2022) - Adhesión entidades financeiras

Information and processing in

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

*Tramitación:
Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es

Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento no que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan a un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez rexistrada a solicitude, o Igape remitiralle o contido do formulario electrónico da solicitude á SGR a través da Extranet de entidades colaboradoras.

Nun prazo máximo de 35 días hábiles dende a presentación da solicitude, a SGR designada deberá comunicar ao Igape a través da Extranet de entidades colaboradoras a súa decisión e a da entidade de crédito respecto á concesión da operación financeira

Observations

O prazo máximo para a formalización da operación financeira, ou, no seu caso, para a adaptación da póliza ás condicións da resolución de concesión do Igape, será de 2 meses contados desde o día seguinte ao da data de notificación da concesión ao beneficiario.

A xustificación de finalidades do préstamo, deberá presentarse no prazo de 15 días hábiles seguintes á total utilización do préstamo.

Entidades adheridas ao convenio:

- Caixa Rural Galega
- Abanca
- Banco Santander
- Banco Bilbao Vizcaya Argentaria.
- Banco de Sabadell
- Bankinter
- CaixaBank